O noso faladoiro literario atreveuse cunha novela de espías á vella usanza. La clave está en Rebeca é unha obra ambientada no Exipto da segunda guerra mundial, escrita por Ken Follett, que curiosamente é mais coñecido pola súa novela histórica Los pilares de la tierra que pola súa ampla producción de novelas de espionaxe. Podedes acceder ó arquivo premendo na foto ou na nosa sección do faladoiro literario.
Por outra banda, o próximo día 23 de Abril, ademais de celebrarse o Día do Libro, o noso faladoiro cumpre o seu primeiro ano de vida. Un ano de libros, de debates e de descubrimentos literarios. Dende aquí queremos dar as nosas felicitacións a todas esas persoas que cada quince días se reunen nun bar de Barrantes para falar do que lles gusta, e darlles as gracias por permitirnos dende está asociación facernos eco da súa actividade e proporcionar así a traves da nosa páxina algo que vai mais alo da simple crítica literaria, e que nos permite facer que a cultura da lectura chegue a moita xente dun xeito totalmente orixinal.