Dende a Asociación Herminio barreiro de Ribadumia morriamos de ganas de recuperar unha actividade que realizamos con enorme éxito no 2013 e que o ano pasado por motivos organizativos non pudemos repetir: sair a facer o cacho de San Xoan.
Así que este ano, coa axuda das Titiriteiras preparamos unha tardiña previa a noite de das fogueiras e das cacharelas chea de tradición e moi divertida para nenos e pais. Así pois…….
MARTES 23 DE XUÑO, AS 19:30 DA TARDE,
realizaremos unha pequena saida polas beiras do rio armenteira (ruta da pedra e da auga), para recoller as flores e plantas que tradicionalmente se usaban neste pequeno ritual. sairemos da
EXPLANDA DOS CASTAÑOS, xunto a saida da via rápida en barrantes.
Unha actividade ideal para os mais cativos, que deste xeito coñeceran o nome de moitas das nosas plantas, ademais de pasar unha maña en plena natureza. e tamen para os menos novos e novas, pois durante o percorrido falaremos dos usos tradicionais de moitas plantas, e mesmo de outras tradicións arredor da noite máxica do san xoan.
e nin siquera precisamos moito material:
– unha cesta, mochila ou bolsa para as plantas recollidas (se é unha bolsa é preferible que sexa das de papel que dan en moitas tendas).
– unhas tesoiras ou cuter. no caso dos nenos tesoiras escolares.
– roupa e calzado comodos.
– auga para hidratarse polo camiño.
– se fai sol, unha gorra, especialmente os nenos, crema protectora, e os que teñan o sangue doce repelente de mosquitos.
PARA NENOS E NENAS A PARTIRES DE SEIS ANOS, ACOMPAÑADOS OBLIGATORIAMENTE DUN ADULTO.
Esta é unha ACTIVIDADE GRATUITA e moi divertida, asi que non dubidedes en apuntarvos,
chamando ó 672 418 619,