Como tiñamos previsto, na tarde previa a noite de San Xoan, relaizamos unha saida pola ruta da pedra e da auga coa intención de reunir as herbas coas que facer o cacho, que logo quedaría toda a noite a recoller o máxico rocio desta noite tan especial, para logo depurarnos nos lavando a cara coa auga perfumada na maña seguinte.
para esta ocasión, as Titiriteiras prepararon un pequeno concurso, inicialmente para os nenos, inda que as nais e os adultos que sen ter retoños nos acompañaron, tamén quixeron sumarse. A cousa era ir reunindo as herbas e cubrindo unha taboa, a modo de bingo, neste caso cacho-bingo, inda que o final a herba Luisa non apareceu por ningures, polo que non puidemos dar un claro gañador. Iso si, salvo esa herba que de todos xeitos hai en moitos fogares, o resto si foron todos os participantes quen de achalas, e incluso unhas cantas mais a maiores.
O final unha tarde de diversión, tanto os nenos como os menos nenos. Deixamosvos un pequeno album de fotos.