Ola a tod@s,
Despois da noite de música solidaria de onte, dende a Asociación Cultural Herminio Barreiro temos que dar as grazas a tod@s os que onte nos acompañáchedes na terceira edición do noso concerto solidario. Moitas gracias a tod@s os que aportáchedes, xuntos recadamos un total de 614.10 €. Tamén mil gracias para O Encontro e Gustavo, que aportaron a maiores outros 300 € para a causa, facendo que a cifra total chegue ós 914.10 €. E sobre todo, grazas ós grupos Lookin’at Cuenca, Doen e Leda Atómica por facernos pasar unha noite de música solidaria.
No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos do evento.