Reinicio dos nosos obradoiros. O primeiro, o de coiro.

531120_333106896787827_347623350_n.jpg

   Un ano mais, coa chegada do outono, chegan tamen os obradoiros que organizamos dende esta asociación.

   O primeiro obradoiro que imos por en marcha vai ser o de coiro; un obradoiro que levamos dous anos organizando e que ten moi boa aceptación, e ademais con grandes resultados, como podedes comprobar nos seguintes enlaces:

https://ascuncasculturais.wordpress.com/2015/06/29/fin-do-obradoiro-de-coiro-ollade-os-resultados/

https://ascuncasculturais.wordpress.com/2016/07/04/rematado-o-2o-obradoiro-de-coiro/

     Este ano como novidade, teremos dous grupos:

  • iniciación: para persoas que queiran comezar nesta actividade, e non teñan coñecementos. Neste obradoiro será posible aprender a traballar o coiro dende o máis básico, aprendendo a deseñar e realizar diferentes pezas, dende pulseiras a bolsos, carteiras … así como os metodos de traballo, tintados, costuras, uso das ferramentas, etc.

 

  • Avanzado: para quen xa participara en obradoiros anteriores ou teña coñecementos, e queira seguir perfeccionando as técnicas de traballo e elaborar pezas máis complexas.

   Os obradoiros comezarán a mediados de outubro e chegarán ata xuño, en clases de dúas horas semanais, que terán lugar nun dos locais veciñais de Ribadumia.

   O custo do obradoiro, en ambos casos,  será de:

  • 15€/mes para  soci@s,
  • 20€/mes para  non soci@s.

O número de prazas é limitado, polo que se queres participar nun destes dous obradoiros,

 chama ó   672 418 619,        antes 8 de outubro,   e daremosche toda a información necesaria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s