Obradoiro Samaín

IMG-20141025-WA0010

   Un ano máis, co apoio de “As Titiriteiras”, organizamos un  “obradoiro de samain”, orientado os nenos e nenas, e os seus pais e nais.

   Este ano, para axeitarnos ó traballo que se realiza dende o colexio, mudamos a preparación da cabaza, pola decoración de vasoiras, ademais doutros adornos propios da celebración do samain.

   O obradoiro terá lugar este sábado 22 de outubro, a partir das 10:30, no centro cultural de Barrantes,e para participar nel son necesarias unicamente tres cousas:

  • inscribirse previamente chamando o 672 418 619, pois as prazas son limitadas.
  • traer unha vasoira, preferiblemente de xesta, ou algunha das imiticacións que existen no mercado.
  • os nenos deben estar acompañados por un adulto. 

O obradoiro é totalmente gratuito.

 

Deixar un comentario