Un ano máis, co apoio de “As Titiriteiras”, organizamos un “obradoiro de samain”, orientado os nenos e nenas, e os seus pais e nais.
Este ano, para axeitarnos ó traballo que se realiza dende o colexio, mudamos a preparación da cabaza, pola decoración de vasoiras, ademais doutros adornos propios da celebración do samain.
O obradoiro terá lugar este sábado 22 de outubro, a partir das 10:30, no centro cultural de Barrantes,e para participar nel son necesarias unicamente tres cousas:
- inscribirse previamente chamando o 672 418 619, pois as prazas son limitadas.
- traer unha vasoira, preferiblemente de xesta, ou algunha das imiticacións que existen no mercado.
- os nenos deben estar acompañados por un adulto.
O obradoiro é totalmente gratuito.