Cambios no obradoiro de coiro

IMG-20160616-WA0013Por motivos laborais, a persoa que ia impartir os obradoiros de coiro non poderá facelo. Dende aqui queremos felicitar a Diana, de “Argadia coiro” por esta melloría na súa vida laboral,  e agradecemoslle enormemente o traballo realizado nos obradoiros que impartiu  a través da nosa asociación nestes dous últimos anos, onde demostrou unha gran profesionalidade.

   Como consecuencia desta nova situación,  dende a Asociación cultural Herminio Barreiro buscamos unha alternativa viable, para que todos aquelas persoas que estaban anotadas  non se  viran perxudicadas por esta cuestión.

    Finalmente será Miro Magariños, de “Don Coiro” , quen impartirá o obradoiro de coiro.  Miro Magariños é un artesán con anos de experiencia, que actualmente esta capacitado e autorizado para validar as horas de formación que imparte de cara a conseguir as titulacións oficiais de “mestre artesán”, polo que estamos falando dun importante profesional  que supón un salto cualitativo para os alumnos do obradoiro, que poderán se o desexan iniciar a senda para converterse en artesáns titulados,  e dende esta asociación estamoslle moi agradecidos por ter aceptado traballar con nos.

   Este cambio, poren, trae como consecuencia un axuste na proposta inicial: debido ó xeito de traballar do formador, moi individualizado, non será necesario ter dous grupos de traballo, polo que mudando o criterio inicial, somentes haberá un obradoiro de coiro, onde cada alumno aprendera ó seu ritmo.

As clases comezarán este mercores 19 de outubro, en horario de 20:00 a 22:00, na casa de cultura de Besomaño.

  Ainda nos quedan algunhas prazas libres, polo que se estas interesado en realizar este obradoiro, chama o 672 418 619, e informarémoste de todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s