Un ano mais, e xa van catro, a Asociación Herminio Barreiro organizamos, xunto a cervexeria Encontro de barrantes, un concerto solidario co fin reunir fondos cos que apoiar a laboura de Amigos de Galicia .
A cita terá lugar este próximo venres 11 de novembro, e comezará a partires das 21:30 horas.
Os grupos que este ano porán o seu arte para facernos pasar unha gran noite de música, serán Noite Fechada e Wavy Gravies. E o rematar, os dj´s Sheriff Lorre e Litle Jack darannos o peche da noite pinchando unha serie selecta da mellor música.
Ademais disto, teremos un photo call para que todos e todas as que asistades poidades recoller o voso momento, sorteos, e como novidade este ano proxectaremos varios documentais, relacionados co traballo de Amigos de Galicia e coa situación que por desgraza atravesan moitas persoas.
Como todos os anos vai ser unha noite que una a boa música e as ganas de festa do fin de semana, co apoio a unha labor social moi necesaria. Por iso agardamos todos e a todas a que pasedes polo Encontro, aportedes o voso granciño de area, e de paso que disfrutedes da noite. E falando diso, recordamosvos que como todos os anos, a entrada é “a vontade”, e logo teredes a posibilidade, se o desexades, de sumarlle 50 centimos a cada consumición que tamen irán o peto que esa noite nos gustaria, gracias o voso apoio, poder encher.