Na noite de onte celebramos na cervexería Encontro de Barrantes o IV Concerto Solidario, unha cita anual onde fusionamos cultura e acción social.
Ó longo da noite tivemos concertos, proxeccións de documentais, sorteos de varios agasallos e dunha cea… e moita solidariedade.
A entrada era á vontade, ademais había botes na barra para que calquera que o desexara puidera coa consumición aportar un pequeno canon solidario, establecido en 0,50€ ou no que o cliente desexase.
Tivemos tamen un photocall que, como poderedes comprobar nas fotos adxuntas, tivo moito éxito.
En resumo, o obxectivo era desfrutar dunha noite de música, pensando ó mesmo tempo nas persoas que nestes momentos atravesan dificultades. E conseguimolo.

Finalmente a recadación este ano estivo nos 615 €, que poderían incrementarse con algun donativo de última hora de persoas que non puideron estar pero desexan aportar o seu granciño; a isto hai que sumarlle o donativo que fixo o encontro, 410€ máis, que elevan a cantidade obtida para apoiar a laboura de Amigos de Galicia ata os 1.025€!!!
Dende aquí queremos transmitir o noso máis profundo agradecemento os dous grupos, Noite Fechada e Wavy Gravies, cos dous dj´s añadidos, Sheriff Lorre e Little Jack, polo seu apoio desinteresado e por eses dous concertazos que nos ofreceron. Tamén queremos agradecerlle a todo o público asistente a súa vontade de axudar, aportando o seu granciño e conseguindo que a noite fora todo un éxito. Temos que ter unhas palabras especiais para Gustavo Rey, que non solo nos permite cada ano usar o local para este evento, se non que ademais implicase e participa na organización poñendo todo da súa parte, e despois de todo iso, cede unha parte moi importante da caixa. A Amigos de Galica hai que agradecerlle a laboura que fan cada día, axudando a persoas que o estan pasando moi mal, e agardamos que actos como este, ademais de para recadar fondos, sirvan para por de relevancia a realidade na que vivimos.

Deixamosvos aquí abaixo o enlace ó álbum de fotos que tomamos onte, e os dous videos que proxectamos ó longo da noite, que cremos son moi interesantes.
Unha vez mais, atodos e a todas, MOITAS GRACIAS!!.
https://www.flickr.com/gp/144362843@N05/HBz765