Hoxe é o Día do Libro. E fai hoxe tres anos que púxemos en marcha o noso Faladoiro Literario, unha experiencia literaria que durante un par de anos se mantivo como unha das nosas actividades máis interesantes, onde un grupo de persoas se xuntaba para falar de literatura, e que deu como resultado, ademais de longas charlas e debates, 26 artigos literarios na nosa web que podedes ler aqui . Logo dese tempo as persoas que formaban ese grupo decidiron coller un longo descanso, e, moi agradecidos por todo o que nos aportaron, suspendemos a actividade… mais a necesidade de comentar con outras persoas as obras que acabamos de rematar de leer, ou ese escritor que tanto nos fascina, ou esa adaptación ó cine … e como a sede, vaise se lle aportamos un pouco, pero volve máis adiante, porque no fondo nunca se sacia de todo.
Nas últimas semanas varias das persoas que participaban no faladoiro literario comentaron que lles gustaría que se recuperase, e dende a Asociación Cultural Herminio Barreiro cremos que falar de literatura segue a ser unha actividade do máis interesante e que ese faladoiro literario de ser posible debería recuperarse, pero sabemos que unha actividade así depende máis que da nosa asociación, das persoas as que poida interesarlle.
Por ese motivo, decidimos lanzar un novo chamamento as e os amantes dos libros da nosa contorna, para que vos animedes a participar nesta aventura. Unha primeira xuntanza onde ver o continxente co que contamos e organizar o funcionamento básico do faladoiro será este xoves, as 21:00 horas na cafeteria Aromas de Barrantes.
Tamén falaremos de libros, así que traede un.
Para calquera pregunta, podedes mandarnos un mail :
aso.herminio.barreiro@gmail.com
ou comunicarvos a través do telefono 672 418 619