O pasado 10 de xuño organizamos un roteiro co obxectivo de aprender cousas da paisaxe da nosa comarca. Guiados por Francisco Castillo Rodriguez, un experto na materia ,Doutor en Xeografica pola USC e pertencente ó Instituto de Estudos do Territorio, disfrutamos dunha maña ó longo da cal, dende distintos puntos de observación, aprendimos como identificar as diferentes capas na nosa paisaxe, e falamos tanto da orixe morfoloxica da nosa ría e do val do Salnés, como de todos os cambios que ó longo dos milenios se produciron nel, e como foi mudando a súa forma.
en dubida, unha xornada do máis interesante. Deixamos aquí algunhas fotos…