Unha das nosas actividades máis tradicionais é a de saír a facer o cacho de san Xoan. Para quenes non esteades ó tanto, facer o cacho é unha tradicion da nosa cultura, que consiste en recoller unhas herbas determinadas e deixalas na noite de san Xoan nun balde con auga, para que recollan do rocio desa noite máxica as súas propiedades máxicas e curativas. Dicta a tradición que para que as propiedades das herbas surtan efecto, e preciso lavar a cara coa auga dese “cacho” na maña seguinte á noite de san Xoan.
Sobre esta tradición elaboramos un interesante artigo fai uns anos, que podedes consultar aqui:
https://ascuncasculturais.com/2014/06/22/arredor-do-san-xoan-o-cacho/
Este ano volvemos repetir esta actividade, unha vez máis orientada a nenos a partir dos seis anos, e tamén a adultos, anque este ano mudamos o punto de partida. Así pois:
O VENRES 23, A PARTIRES DAS 19:30,
realizaremos unha pequena saída polas beiras do río Armenteira (ruta da pedra e da auga), para recoller as flores e plantas que tradicionalmente se usaban neste pequeno ritual.
SAIREMOS DA EXPLANADA DE CABEZA DE BOI, XUNTO Á ROTONDA DE SUBIDA Á ARMENTEIRA.
Material necesario:
– UNHA CESTA, MOCHILA OU BOLSA PARA AS PLANTAS RECOLLIDAS (SE É UNHA BOLSA É PREFERIBLE QUE SEXA DAS DE PAPEL QUE DAN EN MOITAS TENDAS).
– UNHAS TESOIRAS. NO CASO DOS NENOS TESOIRAS ESCOLARES.
– ROUPA E CALZADO COMODOS.
– AUGA PARA HIDRATARSE POLO CAMIÑO.
– SE FAI SOL, UNHA GORRA, ESPECIALMENTE OS NENOS, E CREMA PROTECTORA, E @S QUE TEÑADES SANGUE DOCE REPELENTE DE MOSQUITOS.
É UNHA ACTIVIDADE GRATUITA E MOI DIVERTIDA, ASI QUE NON DUBIDEDES EN ANOTARVOS, CHAMADE Ó
672 418 619