Un ano máis, vai rematando o verán e na Asociación Cultural Herminio Barreiro poñemonos en marcha co noso traballo. Para esta nova tempada temos preparada unha importante axenda de actividades, divididas en varios grupos: infantís, obradoiros para adultos intensivos e extensivos, e actividades varias.
- As actividades infantís: serán nas epocas habituais, polo samain, a primaveira e o San Xoan. Serán actividades pensadas para os nenos, que inda estamos organizando, pero xa vos podemos adiantar que como sempre serán gratuitas.
- obradoiros intensivos para adultos: este ano temos organizada unha importante bateria de obradoiros para adultos, ó ritmo de un cada mes, dende outubro ata o verán. Serán obradoiros intensivos, de unha soa xornada, e cun prezo moi interesante.
- obradoiro de longa duración; un obradoiro que manteremos este ano será o de coiro, que comezará as clases en outubro, alongandose ata o próximo maio, en sesións semanais de dúas horas, os mercores de 20:00 a 22:00.
- actividades varias: dous eventos nos que estamos traballando xa intensamente son o Concerto Solidario, previsto para o 10 de novembro, e o Duatlón Cross Ribadumia, previsto para Decembro; dous eventos moi importantes para a nosa asociación, tanto pola complexidade organizativa, como pola sua aceptación e participación. A isto todo hai que sumarlle o traballo habitual dende a web, publicando artigos sobre o noso traballo, as publicación de biografias de importantes persoas do noso país, artigos de colaboradores, etc..
En canto a prezos:
- os obradoiros infantís, como xa dixemos, serán gratuitos.
- os obradoiros intensivos terán un prezo de 10€ para @s soci@s, e de 20€ para @s non soci@s.
- o obradoiro de coiro terá un prezo de 25€ para @s soci@s e de 30€ para @s non soci@s
En resumo, dende esta asociación traballamos para poder ofrecer toda unha serie de actividades variadas, as que posiblemente se lle añadan outras que vaian xurdindo ou que as propias socias e os propios socios nos propoñan.
Iremosvos informando máis pormenorizadamente de todo o que vaiamos facendo, das datas e horas concretas, etc… pero se desexades máis información podedes contactar por mail con nos na dirección aso.herminio.barreiro@gmail.com, no teléfono 672 418 619, ou a través das redes sociais.