A recollida de herbas para facer o cacho de San Xoán ten moita tradición no Salnés. Co obxectivo de que non se perda esta bonita costume, dende esta asociación organizamos cada ano unha pequena saída, ó longo da cal recollemos as herbas tradicionais do cacho.
Anque a actividade esta orientada a nenos maiores de 6 anos, para os que dispoñemos de monitoras que lles fan a excursión moito máis amena, tamen é unha boa oportunidade para que os adultos participen, pois ademais de recoller as herbas , compartiremos un agradable paseo, e falaremos de tradicións, das propiedades que se atribuen ás prantas máxicas, de vellos rituais e costumes…
Con todo isto:
O SÁBADO 23, A PARTIR DAS 10:30,
realizaremos unha pequena saída polas beiras do río Armenteira (ruta da pedra e da auga),
SAIREMOS DA EXPLANADA DOS CASTAÑOS, XUNTO A SAIDA DA VÍA RÁPIDA EN BARRANTES.
e nin siquera precisamos moito material:
– UNHA MOCHILA OU BOLSA PARA AS PLANTAS RECOLLIDAS (SE É UNHA BOLSA É PREFERIBLE QUE SEXA DAS DE PAPEL QUE DAN EN MOITAS TENDAS).
– UNHAS TESOIRAS. NO CASO DOS NENOS TESOIRAS ESCOLARES.
– ROUPA E CALZADO COMODOS.
– AUGA PARA HIDRATARSE POLO CAMIÑO.
– SE FAI SOL, UNHA GORRA, ESPECIALMENTE OS NENOS, E CREMA PROTECTORA.
PARA ADULTOS E TAMÉN NENOS E NENAS, A PARTIR DE SEIS ANOS E ACOMPAÑADOS DUN ADULTO.
É UNHA ACTIVIDADE GRATUITA E MOI DIVERTIDA, ASI QUE NON DUBIDEDES EN ANOTARVOS, CHAMADE Ó