O noso obradoiro de coiro colle vacacións.

  IMG-20180620-WA0031Coa chegada do verán o noso obradoiro de coiro, que xa leva catro cursos realizándose, toma un descanso de verán. Ó longo destes últimos meses unha ducia de alumnos e alumnas, algunhas delas xa veteranas,  aprenderon e profundizaron nos segredos de traballar o coiro, dende simples trenzas, ata  elaborados repuxados, tinguidos…

  Temos previsto que para outubro se retomen as clases, para as que xa vos podedes ir anotando se o desexades, pero antes deixamosvos como mostra algunha das pezas elaboradas nestes últimos meses polas alumnas e alumnos…

 

Deixar un comentario