Un ano máis, co apoio de "As Titiriteiras", organizamos un "obradoiro de samain", orientado os nenos e nenas, e os seus pais e nais. Este ano, para axeitarnos ó traballo que se realiza dende o colexio, mudamos a preparación da cabaza, pola decoración de vasoiras, ademais doutros adornos propios da celebración do samain. … Seguir lendo Obradoiro Samaín
Categoría: Uncategorized
Cambios no obradoiro de coiro
Por motivos laborais, a persoa que ia impartir os obradoiros de coiro non poderá facelo. Dende aqui queremos felicitar a Diana, de "Argadia coiro" por esta melloría na súa vida laboral, e agradecemoslle enormemente o traballo realizado nos obradoiros que impartiu a través da nosa asociación nestes dous últimos anos, onde demostrou unha gran profesionalidade. … Seguir lendo Cambios no obradoiro de coiro