Creando ovos de Pascua

   O pasado Xoves Santo realizamos o obradoiro de ovos de Pascua, organizado por esta Asociación, e realizado por As Titiriteiras. As prazas cubríronse o completo, polo que 24 nenos participaron nesta actividade, xunto cos seus pais e nais, que o pasaron sen dúbida tan ben como os cativos.

  A axenda tiña dúas partes diferenciadas. Nunha realizábanse os ovos de chocolate, e logo mentres o chocolate ia enfriando facíase a parte de decorado de ovos, onde a imaxinación tivo unha parte importante no traballo. O resultado final podedes  comprobalo no extenso álbum de fotos que acompaña a este artigo.

Pola nosa banda, agradecer as Titiriteiras o seu bo facer, a asistencia a todos os nenos e nenas, e tamén por suposto  as nais e os pais que tan activamente participaron da actividade, conseguindo así o noso obxectivo de que este obradoiro fora compartido entre adultos e cativos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s