Onte tivo lugar o primeiro encontro do noso Faladoiro Literario. Un proxecto que nace con tres obxectivos:
– que aquelas persoas dos nosos arredores que gustan da lectura se xunten de xeito regular (quincenalmente como norma xeral) e falen de libros, e de todo o que xurda o seu redor, compartindo opinións, ideas…
– de construír a partir desas conversas unhas criticas ou opinións sobre as diferentes obras que se traten, que subiremos a nosa web no espazo destinado a elas.
– E por último facer todo isto de xeito público e aberto, para que a literatura e o mundo libros se aproxime tamén as persoas que non len habitualmente (ou nunca).
Nesta primeira xuntanza non había unha obra concreta, nin un tema marcado. Onte todos os asistentes, seis mulleres e dous homes, estaban convidados a levar un libro que lles fora referencia, o que se considera normalmente libro de cabeceira, ou que simplemente lles gustara moito. E logo das presentacións fixemos unha rolda onde cada participante comentou a obra escollida, abrindo así un dialogo de cada vez mais interesante que a anterior, saltando duns xéneros literarios a outros, as adaptacións ao cine……
Ó final, de deberes para as próximas tres semanas a lectura de “El nombre de la rosa” de Umberto Eco, e a próxima reunión, con outra rolda de ”libros preferidos” , para o proximo 30 e Abril, as 21:00.
Agardamos por vos.
P.D. deixámosvos unha lista das obras e autores dos que se falou onte, solo como detalle:
– Entre tonos de gris, de Ruta Sepetys.
– Rebelión en la granja, de George Orwell…
– 84 Charing cross road, de Helene Hanff.
– O señor dos Aneis, de Tolkien.
– El diario e Briget Jones.
– Madame Bovary, de Flaubert.
– Ensayo sobre la ceguera, de Saramago..
– El nombre de la rosa, de Umberto Eco, tan interesante que Susi o final propúxonos, logo de gañar o dereito a escoller o libro para lectura en común, unha relectura para algúns e un descubrimento para os demais.
– El cuaderno de noah, de Nicholas Sparks.
– El retrato de Dorian Grey, de Wilde.
– O Quixote, A biblia, metade da obra de Stephen King, Vargas Llosa, Delibes, Unamuno….e o que tomaba notas chegados a este punto, perdeu a conta