A nosa asociación pon en marcha “as nosas hortiñas” , un proxecto para crear hortas urbanas aproveitando pequenos espazos, dende os peitoriles das ventás a pequenos espazos no xardín ou na eira, inda que está especialmente pensado para balcóns e terrazas. Falamos dun proxecto que busca animar a vida dos nosos balcóns, animar os nenos a experimentar o pracer de ver medrar unha planta dende a raiz ó froito e ós adultos a probar a diferencia entre comer unha leituga ou un tomate de supermercado e un criado por un mesmo.
Como ademais pensamos que isto non podia limitarse a un experimento nun balcón, nin a un simple Obradoiro sen mais percorrido que impartir catro clases; por iso optamos por crear un proxecto interactivo, cun forte apoio de internet, creando un espazo web común, que entrara en funcionamento este fin de semana, e aportarlle ós participanmtes ademais un espazo propio coa plataforma tumblr, para que cada un e cada unha poida compartir a súa experiencia dun xeito sinxelo.
Presentamos o proxecto este sabado o mediodia, na praza do concello de Ribadumia. Ali recibiredes toda a información necesaria para poder votar a andar a vosa hortiña.
Pero podedes sumarvos en calquera momento, solo teredes que dirixir un correo a hortas@cuncasculturais.org , ou a aso.herminio.barreiro@gmail.com, ou sinxelamente chamando o telefono 672418619.