A pandeireta

 cartel gaitas 2 (blanco) (2)  Con motivo da Xuntanza de músicos tradicionais que esta Asociación organizou para este próximo sábado 10 de Maio,  preparamosvos unha serie de artigos referentes aos nosos  instrumentos tradicionais. Primeiro foi a gaita e logo o tambor. Agora tocalle a pandeireita.

A pandeireta.

 A súa orixe non é segura, se ben o feito de que o Ta-pou chinés sexa instrumento da orquestra musulmá da corte chinesa, favorece a tese da súa procedencia semítica; o dampha ou duffde índico secundaría esta teoría.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA   A primeira representación dunha pandeireta encontrámola nos frescos de Catalhuk (Anatolia), que representan grupos de xente participando en certa festa acompañada de música e danza; estes personaxes sosteñen nas súas mans a primeira representación coñecida dun pandeiro redondo (a escena remóntase aproximadamente a uns 5.800 anos a. de C.).

 Foi na antiga civilización sumeria (localizada na zona sur de Mesopotamia, que corresponde ao moderno Iraq), a que deu madureza a este instrumento durante o cuarto e terceiro milenio antes de Cristo.

   Na península o termo pandeireta é relativamente moderno, pois ata o século XVII estivo moi en voga o termo adufe ou adrufe, de procedencia árabe. En realidade, as formas toph (hebrea), daff (árabe), duff (indú), son onomatopeas da percusión sobre a pel do instrumento.

   Dise que o pandeiro xunto aos atabales ou tambores entrou na península cos árabes, o cal é materia discutible, xa que moito antes os fenicios deberon traer os seus tímpanos e a el contando con que non

existisen antes na Península; dende logo, os árabes introducían as súas varias clases de duff e con eles o seu termo adufe ou adrufe, que deles procede e que tan en voga estivo ata mediados do século XVII, alternando coa palabra pandeiro ou tabique xunto á palabra axóuxeres, ausente na obra de Berceo.

Mais aló destes debates, a realidade é que xa dende antigo está testemuñado o uso en España da pandeireta como instrumento autónomo de percusión, orientado sobre todo para acompañar o canto e marcar o ritmo dalgúns bailes. Son moitos os autores que aluden a este tema. Así, Cervantes di no seu “Gitanilla”, que Preciosa cantaba un romance repicando os axóuxeres “ao ton correntío e loquesco” e é precisamente no romanceiro popular onde máis referencias temos sobre o uso do tal instrumento.

A pandeireta como instrumento autónomo ao estilo de como se toca na Italia Meridional, ten en España o seu couto na metade norte da Península, aproximadamente dende Burgos ata o mar e polo leste ata Aragón, onde decae o uso da pandeireta, reaparecendo en Cataluña, co uso do pandeiro cadrado na rexión de Lleida.

   As pandeiretas son os instrumentos que por excelencia acompañaron o canto feminino na maior parte de Galicia21.12_A1.-p18.-f2.-3-e1287652081486-300x300 durante o século XX, excepción feita das partes montañosas do oriente, onde ou ben non aparecen (caso da comarca da Fonsagrada e zonas lindeiras), ou ben esta función é desenvolta polas pandeiras. No resto de Galicia, a lírica tradicional dá fe da súa abundancia. Segundo Carlos Rei, a pandeireta é o instrumento que máis veces aparece mencionado nas coplas tradicionais despois do pandeiro e a gaita de fol.

A pandeireta e a muller.

Quedou demostrado que dende a máis remota antigüidade ata os nosos días a muller foi a encargada de tocar ou acompañar o seu canto co instrumento que nos ocupa. Un antigo texto sumerio descifrado, infórmanos de que a neta do rei Naram-Sins (2291-2255 a. de C.), foi designada instrumentista de balag-dei (nome do pandeiro sumerio) no Templo de Moor en Ur, de modo que este sería o primeiro testemuño que asocia a pandeireta coas mulleres e coas actividades relixiosas na Asia Occidental, Exipto e o Mediterráneo antigo. É sabido tamén que a Deusa Madre Ishtar posuía un culto poderoso na antiga Mesopotamia, onde xogaba o pandeiro -e dende logo, as mulleres- un papel moi destacado.Hai referencias de como foi o pandeiro en Exipto un instrumento feminino empregado nos templos e nas danzas dos festíns ou do uso que no mundo clásico se deu a tímpanos e pandeiros, asociados a cultos orientais de carácter feminino. O longo dos séculos ata os nosos días os exemplos que nos falan de que as panderetas son un instrumento esencialmente tocados por mulleres son tan extensos que non ten sentido colocalos aquí.

 descarga (6)  Hoxe en día a pandeireta é parte esencial do folclore galego, formando parte de toda manifestación cultural que se prece. Debido á súa sinxeleza sempre foi un instrumento de doado acceso para o pobo, de maneira que dende moi antigo se implantou en Galicia e as súas xentes. Co paso dos anos a pandeireta en si non evolucionou en boa medida. O que si cambiou é a forma de tocala, xa que segundo a zona de Galicia se toca de diferente xeito, pero sempre se trata de conseguir o mesmo son. Debido á súa sonoridade e facilidade na súa execución hoxe en día é parte esencial no acompañamento da gaita ou de calquera expresión musical. Deste xeito, o seu son característico identifícaa plenamente coa cultura galaica. E tan é así que a pesares de ser tido por un instrumento menor, quizais pola súa sinxeleza, abundan o longo da historia, cun importante repunte nos últimos anos, os exemplos de grupos de pandereiteiras que crean a súa arte con total independencia doutros instrumentos, e so acompañados  polas voces das mulleres, que seguen a ser maioría nos nosos días, e polos pasos dos danzantes.

    Aínda que a súa sonorización é sinxela, a pandeireta é un instrumento que require moito traballo para obter un bo21.12_1-PANDEIRETA.a-1020x1024 dominio, de maneira que sempre é agradable oír a unha boa pandereiteira que domine ben a arte de tocar a pandeireta.A pandereiteira, tocadora profesional deste instrumento, obtén con grande habilidade e mestría infinidade de ritmos. Acompaña o canto e a danza. Algunhas veces toma o papel protagonista da danza, e os bailaríns móvense ao ritmo e son exclusivos da pandereiteira. Está difundida por toda Galicia; pero cada zona, cada bisbarra, cada aldea, parroquia, ten o seu xeito característico de tocala. É moi raro que duas pandereiteiras de distintos lugares coincidan no xeito de tocala. Isto dá lugar a infinidade de maneiras de tocar e de coller o instrumento. Pero a forma máis estendida de tocala é coa man esquerda aberta e golpeando sobre os dedos, ou ben co puño pechado.

270381_1826433620335_1371756_n

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s