Tan so dúas semanas despois de lanzar o noso proxecto de hortas urbanas “As Nosas Hortiñas”, os primeiros resultados xa van aparecendo. Temos xa un total de 16 hortiñas (non sabemos a que agardas para unirte, total, inda que algúns participantes se decidiron por un espazo amplo, chega cun oco o lado dunha ventá para participar e poder disfrutar dunhas leituguiñas e unha tomateira ou dunhas plantiñas aromaticas coas que aderezar os teus pratos) inda que por diferentes motivos non todas arrancaron ainda a súa actividade con nos, e teñennos en ascuas por saber que estan argallando. Para o resto, o tempo acompañou moi ben a todos os nosos granxeiros e granxeiras último modelo, e para mostra, unha pequena galería de fotos.
https://www.dropbox.com/sh/gtinpoygc12w7sm/AADK431YXSxNapVE1SzNnItna?dl=0
P.D. Podes unirte a nos mandandonos un mail a os correos:
aso.herminio.barreiro@gmail.com
hortas@cuncasculturais.org
ou chamando ao telefono 672 418 619