Na reunión quincenal do noso Faladoiro Literario, @s participantes decidiron que, como a maioria inda non rematara coa lectura de Ensayo de la lucidez de Saramago, esta xornada fora unha especie de barra libre, onde cada un levase unha obra literaria. O resultado foron dúas horas de charla arredor dunha variedade enorme de libros. Podes comprobalo lendo o resumo colgado na casulla do noso Faladoiro Literario (podela ver a túa dereita) , premendo aqui, ou na foto que acompaña a este artigo.
Como sempre, recordamosche que as reunións do grupo son abertas , polo que podes participar cando o desexes. A próxima será, se non hai cambios, o día 26 de Xuño, as 21:00 na cafetería Aromas de barrantes.