Arredor do san Xoan. O rito das nove ondas.

Estamos chegando á  noite de san Xoan, ou o que é o mesmo, ao solsticio de verán.   Unha noite considerada máxica dende tempos inmemoriais, centro de númerosos ritos e tradicións de todo tipo. E nos dende  aquí queremos facer un achegamento ás tradicións e ritos mais arraigados da nosa comarca. E comezamos por este artigo (incluido no boletín deste mes) dedicado ao rito das nove ondas na praia da Lanzada.

  10_Santuario_da_Lanzada_e_praias_2_gA praia da Lanzada está dividida por unha pequena península de terra que se interna no mar, e que remata nunha especie de miradoiro cercado. Este promontorio garda unhas cantas páxinas da historia de Galicia, xa que se supón que houbo alí un faro presumiblemente fenicio, asentamentos castrexos e romanos, e unhas ruínas máis modernas dun castelo do século XII.

   Nesta península áchase a ermida dedicada a Nosa Señora da Area, pero que todo o mundo coñece como da Lanzada. A entrada principal da ermida da Lanzada  mira cara ao mar. Poucos metros máis adiante hai unhas escaleiras que baixan ata as rochas. Alí encóntrase o «berce da Santa», un conxunto de pedras de formación natural que teñen forma de cama e que constitúen unha peza imprescindible no ritual de fecundidade. O outro elemento deste son as propias ondas da praia.

Captura      A tradición manda que o ritual debe facerse na véspera do día de San Xoan. Os amantes deben ir esa noite ao «berce da santa» e consumar o acto sexual neste espazo que forman as pedras xunto á praia. A continuación, a muller debe ir á praia que está xunto á ermida e mollarse con «auga de nove ondas», de modo que cada unha delas lle chegue ata o ventre. Estas simbolizan os nove meses de embarazo, que -segundo os crentes- a Virxe concederá aos aspirantes a proxenitores.

 

Outras  variantes.

   O ritual de fertilidade da Lanzada ten tamén as súas variantes, segundo están recollidas nas tradicións populares e na literatura. Unha delas é que a muller molle o seu ventre con sete ondas en vez de nove. Entra tamén dentro do ritual o acender unha vela de cera virxe despois do baño, e pasar por debaixo do retablo da capela como petición de amparo. Tamén hai datas alternativas, como son as vésperas dos días de festa en honor á virxe da Lanzada, ou o día da Ascensión, antes de saír o sol.

  images (10)

   Antigamente existían outras praias que tiñan a mesma tradición de fertilidade que A Lanzada. Así, a de Placeres (ao outro lado da ría de Pontevedra), as do Val Miñor (ao Sur da provincia) e as augas próximas ao santuario de San Andrés de Teixido (A Coruña).

   Pero o baño fertilizante da Lanzada non ten este único fin, posto que as súas augas libran os crentes doutros prexuízos, xa sexan os estritamente físicos como tamén os «males de ollo» e similares. Mesmo existe a crenza de que as nove ondas atraen a boa sorte, polo que é frecuente ver persoas tomando este particular baño.

   Outro dos rituais que tamén se realizan os días de festa na Lanzada consiste en entrar na igrexa, vasoira en man, e varrer tres veces por detrás do altar para botar fóra -de forma simbólica- todos os males.

   Estes ritos son -en opinión de moitos expertos- reminiscencias de cultos antigos cristianizados, onde perviven elementos pagáns como a crenza no poder fertilizante da auga e o culto a divindades femininas do mar.

2 thoughts on “Arredor do san Xoan. O rito das nove ondas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s