Arredor do san Xoan. O cacho.

   Arredor da noite de san Xoan, ou o que é  o mesmo, do solsticio de verán (a noite mais curta do ano)  existen multitude de ritos: depurativos como os das cacharelas, de fecundidade como o das ondas na lanzada (podes ler un artigo ao respecto aquí), así como outros moitos orientados a espantar as meigas ou os males de ollo e maldicións varias.

   Un moi pouco coñecido para curar ós nenos do enganido, realizábase fendendo en dous un carballo e pasando ó neno pola fenda. Interviñan dúas Marías ou unha e un Xoán, dicindo: “Toma María. Daca Xoán. Doucho crebado. Darásmo sán”. Atabase  de novo a árbore e se soldaba, o neno curaba do mal.

   Pero un rito que aínda se conserva é o de facer o “cacho”. Para isto ponse auga, a poder ser procedente de sete fontes,  nun caldeiro ou nunha almofía, e logo, antes da posta do sol recollense   unha  serie de herbas aromáticas e con propiedades curativas. As herbas, atadas nun feixe, deixanse na  auga toda a noite,  ao sereno, para que recollan co orballo as súas propiedades máxicas e curativas (na versión cristianizada para que reciban  bendición do San Xoán). A mañá seguinte, lavase a cara  coa auga e gardanse as herbas que se secan ó sol, para logo usar como menciñas.

   Inda que tamen hai quen garda as herbas todo o ano e as queima na fogueira do ano seguinte, para espantar as meigas da casa.

   Tamén hai a crenza de que si as mozas meten as herbas baixo da almofada, coñecerán quen vai se-lo seu home.

   Pendurando do leito as herbas de San Xoán, pódese sabe-la sorte dos ausentes.

   As herbas que se recollen para o cacho varían dunha zona a outra de Galicia, pero hai algunhas que son comúns para todo o noso país.  Unhas plantas recollíanse simplemente para darlle un aroma agradable a auga, outras para aproveitalas despois ao longo do ano con fins terapéuticos. Destas últimas deixámosvos aquí unha selección coas propiedades que tradicionalmente se lle atribúen.

 

rosafRosa Canina. Tamén chamada roseira, silva macho, rosal bravo, rosal do demo… ademais do arrecendo, ten propiedades tónicas e astrinxentes para a pel.

 

 ———————————————————————————————————————————————–

femFento macho (Dryopteris filix-max), tamén fieito, dentebrun, dentabrón… Cóntase deste fento que bota ‘flores’ a medianoite de San Xoán. Estas servirán para facer feitizos. No ‘Ciprianillo’ cóntase que pondo un lenzo baixo do fento a mañán estará cheo de demos pequenos.

É velenoso, actúa como paralizante muscular. En xeral é un antiparásito, era moi apreciado contra as tenias.

————————————————————————————————————————————————

Hierbas de San Juan El Hinojo 1

Fiuncho (Foeniculum vulgare) fiollo, fionllo… Protexe do mal de ollo. Un saquiño con sementes axuda a conserva-la saúde. Para manter lonxe as carrachas hai que levar unha ramiña no zapato esquerdo. Ten propiedades diuréticas e dixestivas. Úsase para lava-los ollos e axuda á secrección do leite.

————————————————————————————————————————————————

hluisaHerba Luisa (Lippia triphylla) verbena olorosa. Din que foi o costume de recoller esta planta ás doce da noite de San Xoán (as mozas casadeiras) a que fixo que o nome de verbena se extendese a tódalas celebracións nocturnas.

Utilizábase para facer moitos ritos e feitizos amorosos. Ten propiedades dixestivas.

————————————————————————————————————————————————

descargaHerba de San Xoán (Hypericum perforatum), pericón, abeluria, espantademos… a crenza popular era que ó queimala na casa, espantaba os demos. “A herba de San Xoán limpa a cara de grans”.

É cicatrizante, antiséptica, astrinxente, diurética e antidepresiva.

————————————————————————————————————————————————

malva33Malva (Malva silvestris). As propiedades desta planta son ensalzadas en moitos ditos populares: “Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar”, “Cun pozo e un malvar, boticario dun lugar”.

Serve para a tos, queimaduras, picaduras de abellas…

————————————————————————————————————————————————

 Cytisus scoparius (L) Link_04_2012_ grupo_02 copia_01Xesta (Cytisus purgans) , codeso,  piorno, retama… Ten un aroma semellante ó do mel. Atribúenselle propiedades purgantes, diuréticas e tónicas para o corazón. Era planta sagrada para os druídas celtas. Coas súas ramas várrese a casa para purificala e protexela.

————————————————————————————————————————————————

Romero2Romeu (Rosmarinus officinalis) alecrín, rosmariño… É unha das plantas máxicas, utilízase para purificar e protexer. Hai tempo queimábase cando había enfermos na casa. Oler a súa madeira conserva a xuventude. A súa esencia é tónica, estimulante, cicatrizante, boa para o reúma e fai crece-lo pelo.

————————————————————————————————————————————————

 SabugueiroSabugueiro (Sambucus nigra), sabugueiro, bieiteiro, saúco…Arbusto moi medicinal e considerado sagrado polos celtas. As flores , bagas e casca teñen moitos usos domésticos como purgantes, insecticidas, para facer inhalacións, tinturas. Os froitos chámanse tamén uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e calma a tos. As propiedades intensifícanse cando o orballo da noite de solsticio lles cae por riba(na versión cristianizada cando San Xoan lle da a bendición nesa noite). É moi usado para espanta-los sapos e serpes.

————————————————————————————————————————————————

 estralote1Croque (Digitalis purpurea), estralote, estalote…  é a planta galega con máis nomes.  Toda a planta é moi tóxica. Ten propiedades cardiotónicas, pero o manexo é perigoso. Onde medran os croques pénsase que é o lugar onde bailan meigas as noites de lúa chea. Tamén pendúranse nas portas das casas para espantalas.

————————————————————————————————————————————————

descarga (1)Nogueira (Juglans regia), noceira, concheiro… Aparece en moitas receitas para curar as chagas do corpo (follas de nogueira con tres noces). É astrinxente e vermífuga.

2 thoughts on “Arredor do san Xoan. O cacho.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s