O faladoiro Literario da semana pasada volveu ser unha barra libre de obras literarias. As nosas sabias e sabios repasaron varias grandes obras da literatura, saltando de xéneros e mesmo de linguas coa facilidade que xa lles é característica.
Podedes acceder ó arquivo co resumo da xornada premendo na foto, ou na sección dedicada ao faladoiro Literario.
A próxima reunión do Faladoiro, onde falaremos de “La conjura de los necios” de John Kennedy Toole será o mercores 23 de Xullo, adiantando un día por mor da ponte do día da Patria. E será, como ven sendo habitual, as 21:00 na cafeteria Aromas de barrantes. E como sempre, falamos dun Faladoiro totalmente aberto a quen queira participar.