Ignatius J. Reilly é unha das personaxes mais memorables da literatura americana. A súas hilarantes aventuras narradas no libro “La conjura de los necios”, foi o centro do debate do último faladoiro literario, antes do parón de verán.
Porque as nosas sabias e os nosos sabios, ante a chegada por fin da calor, vanse a ler á praia, e non volverán ata setembro.
Pero levan deberes. O retorno ó agradable pracer de falar de libros terá lugar o 11 de Setembro, na cafetería Aromas de barrantes, as 21:00 horas, e como primeiros deberes deberan , cada un dos participantes, traer unha lectura de verán para comentar co resto. Así que xa sabes, inda que o grupo é totalmente aberto e podes unirte cando queiras, ese será un gran momento para que veñas e nos contes que foi o que liches na area da praia, ou onde fora que pasaras o verán.
Logo, no seguinte faladoiro, xa para ir collendo camiño do outono, as nosas sabias e sabios levan de deberes a lectura de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry.
Como sempre, accede o arquivo do faladoiro premendo na foto ou a través da xanela que accede ó faladoiro literario e que está á túa dereita.
As persoas que participan neste Faladoiro Literario desexanvos un bo verán.