IV Aberto de Billarda “Rio Umia”

10996587_940290495996082_907472492381614266_nManolo Abuin. Capitan do equipo  Casilledín.

Este pasado sábado tivo lugar un novo Aberto Rio Umia, e xa van catro.

A climatoloxía adversa non impediu que hubera unha importante afluencia de xogadores, similar ó 2014, con moita presencia feminina e tamen infantil.

 Dito Aberto forma parte do campeonato da Conferencia Rías Baixas, concretamente foi a décima xornada disputada.

  Malia que a climatoloxía non acompañou para nada ós sufridos deportistas,  tendo que cambiar case a última hora o terreo de xogo en terra ó descuberto polo pabillón de cemento , a afluencia de palanadores cumpliú as expectativas, cun total de 76 participantes, dos cales 23 eran mulleres e había tamén unha ducia de nenos menores de 14 anos.

  O feito de xogar en pavillón con superficie lisa favorecía, a priori, a aparición de varados (cruzar a liña de meta dun so golpe), e así foi; Sergio, Cucho, Alvaro e Suso fixeron 2 cada un, e xogáronse o trofeo ó  maior número de varados nunha rolda de desempate taquicárdica, na que ó final Suso,  facendo valer a súa experiencia,  acabou levando o gato á auga.

  Os podios en cada categoría foron os seguintes:

Absoluta: 1º- Xan ( Lúa de forza )

                  2º-Balea ( Gharaboto )

                  3º-Luís Camiña ( Gharaboto )

Feminina:  1ª-Chefa ( Corredoiras )

                    2ª-Tania ( Valpaços )

                    3ª-Adriana ( Valpaços )

Infantil:  1º-Martiño  ( Corredoiras )

                 2º-Juanma  ( Lúa de forza )

                 3º- Analía  ( Valpaços )

  Levaron tamén trofeo ós mellores xogadores locais en categoría femenina e masculina Ana Madrid e Abuín, respectivamente.

  De calquera xeito, os triunfadores da tarde foron, como sempre, todos aqueles que se achegaron a disfrutar de 3 horas de deporte e diversión.

Hai que darlle as grazas, a Tere, a Moncho e a Fernando por idear e crear uns trofeos como sempre fantásticos e orixinais. O Umia C.F. e a Cervexería Encontro de Barrantes e a Lagar de Broullón polo seu apoio, a toda a formacíón do Casilledín,   e a todas aquelas persoas que fan posible que a Billarda saíra da sombra do esquecemento para ser cada día un xogo mais en alza.

¡Billarda sempre!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s