Alexandre Campos Ramírez, Alexandre de Fisterra (Fisterra 1919 – Zamora 2007) desenvolveu a súa actividade cultural, principalmente, no mundo da edición. Tamén nos deixou algunas obras literarias, principalmente poemas. Porén, popularmente é máis coñecido pola súa faceta de inventor, e particularmente pola creación do futbolín.
Ao longo da súa vida fóronse sudecendo cambios de residencia. Desde a súa Galicia natal marchou a estudiar o bacharelato a Madrid. Despois da guerra civil, exiliouse en Francia, desde onde marchou para Guatemala. E novamente, coa chegada dunha dictadura a ese país, tivo que fuxir a Mexico. Ao acabar o franquismo voltou a España, establecéndose xa definitivamente en Aranda de Duero.
Sendo un neno, desde Fisterra se trasladou á Coruña coa súa familia. Anos máis tarde marchou el só a Madrid a estudar o bacharelato, pero, despois de que a súa familia quedase sen cartos pola bancarrota da zapatería familiar, tivo que traballar en diversos oficios. Nesta época coñeceu ao poeta castelán León Felipe, quen sería unha importante influencia, e co que se reencontraría no seu posterior exilio Mexicano. Nesta cidade lle tocou vivir o inicio da guerra civil española. Durante un bombardeo aéreo, quedou sepultado baixo os escombros dun edificio, e tivo que ser evacuado, primeiro, a un hospital de Valencia, e, posteriormente, a Cataluña, en Montserrat. Alí, no hotel “Colonia Puig”, entonces habilitado como hospital, aconteceu a creación do futbolín.
A idea de crear aquel xogo se debeu á empatía que lle producían os nenos mutilados que observaban, envexosos e tristes, como os outros xogaban ao futbol. Alexandre, entón, discurriu cómo facer un xogo de fútbol accesible para aqueles que non podían usar as súas propias pernas. Coa colaboración dun amigo, o carpinteiro vasco Francisco Javier Altuna, arranxou, con dificultade, todas as pezas que eran necesarias para construir aquel artiluxio. Patentou o invento en Barcelona en 1937, e tamén un pasador de partituras musicais accionado có pé. Pero, co triunfo do franquismo, tivo que deambular pola España da posguerra ata conseguir exiliarse en París no ano 1948. No camiño, a través dos Pirineos, perdeu por causa dunha forte choiva os papeles que certificaban a súa patente. Anos antes, durante a guerra, algún dos compañeiros que compartiran con él tempo no hospital do hotel Puig, xa levara a Francia á idea do futbolín. Por iso, cando chegou a París, sorprendeuse da popularidade que alcanzara o que en realidade era o seu invento. Intentou facer valer a súa patente coa axuda dun avogado da Internatial Refugees Organization. Pero o futbolín estaba xa tan extendido en Francia, sendo fabricado en tantos lugares, que non lle foi recomendado emprender accións legais, pois serían moi costosas e con toda seguridade infructuosas.
Despois de Francia, marchou para Guatemala, vía Ecuador. Alí fundou unha empresa de fabricación de xoguetes de madeira co seu irmán. Entre estes xoguetes, fabricábase o futbolín, descoñecido por aquel entonces en Centroamérica. Nesta época, Alexandre frecuentaba o Centro Republicano Español. Como anécdota curiosa, alí chegou a coincidir con Ernesto “Che” Guevara e a súa compañeira, Hilda, cós que tivo ocasión de xogar ao futbolín. Chegou a ser embaixador da República de España en Guatemala. Pero pouco despois, co golpe de estado que levou a Guatemala a unha dictadura militar, perderon, el e mailo seu irmán, a industria propiedades que tiñan. A dictadura prentendeu deportalo a España nun avión. Pero, argallando cunha pastilla de xabón e papel de aluminio, fixo crer á tripulación que tiña unha bomba na súa posesión, e forzou que o vóo se desviase a Mexico. Neste país viviu un novo exilio.
Xa en Mexico, ante as poucas perspectiva de éxito coa fabricación de futbolíns, debido a unha forte competencia, Alexandre comenzou a dedicarse á sua vocación literaria e editorial. Isto foi en grande medida acentuado polo seu reencontro con León Felipe, así como outros literatos españois exiliados. Tamén entonces coñeceu ao gran poeta Mexicano Octavio Paz. Fundou e presidiu a Editorial Finisterre Impresora. Desde esta plataforma editou a revista do centro Galego de Mexico, así como libros de poetas, entre eles León Felipe e Juan Larrea. Foi tamén redactor do diario El Nacional. Tamén editou un facsimil da revista Galeusca, e o primeiro libro de poemas do Nicaragüense Ernesto Cardenal. Desde 1967 foi membro correspondente en Mexico da Real Academia Galega.
Voltou a España despois da morte de Franco. Residiu primeiro en Aranda de Duero, e despois en Zamora, ata a súa morte en 2007.
Bibliografía:
– Alejandro Finisterre, editor, poeta, inventor del futbolín. Nuria Navarro, 28 de Mayo de 2004.
– Tras el futbolín. Documental. Tratart Produccions. Dirección: Bep Moll. Motion Pictures