Imaxinades elaborar postais de nadal, ou unha felicitación única para esa persoa “especial”? Non pensachedes en preparar os vosos propios convites para a boda, ou o bautismo ou a comunión da vosa nena? Non sería xenial decorar e personalizar ese album fotográfico que estades pensando facer coas primeiras fotos do neno, ou o desa viaxe que fixechedes nas últimas vacacións?
Pois facer cousiñas así coñecese habitualmente como facer scrapbooking.
E dende a Asociación Herminio Barreiro preparamos por segundo ano, en colaboración con “El scrap de Cris y Noe”, dous obradoiros que darán comezo en novembro e que vos van permitir aprender e perfeccionar esta nova arte, tan de moda nos últimos tempos e grazas a cal é posible realizar cousas realmente interesantes.
Teremos dous grupos:
- iniciación: para persoas que queiran comezar nesta actividade, e non teñan coñecementos. Neste obradoiro aprenderemos as técnicas e coñeceremos os materiais habituais neste tipo de traballos, todo mentres elaboramos as nosas propias cracións…
- Intermedio: para quen xa participara en obradoiros anteriores ou teña coñecementos, e queira seguir perfeccionando as técnicas de traballo e elaborar traballos mais complexos
Os obradoiros comezarán o 7 e 8 de novembro, e terán lugar en Barrantes, no local que “El scrap de Cris y Noe “ ten na Travesia Rosalía de castro (en fronte ó DIA).
O custo do obradoiro, en ambos casos, ten un importante desconto con respecto ó ano anterior, baixando ata os :
- 17€/mes para soci@s,
- 22€/mes para non soci@s.
O número de prazas é limitado, polo que se queredes participar nun destes dous obradoiros,
chamade ó
672 418 619
antes do 4 de novembro, e darémosche toda a información necesaria.
Para que vos fagades unha idea, deixamosvos unha pequena mostra dos traballos realizados no obradoiro do ano pasado: