o 21 de Xullo celebramos, en colaboración coa Conferencia Rias Baixas e co UmiaC.F., dentro do festival UmiaRock, unha xornada de Billarda, un xogo tradicional galego. Pretendiamos poñer en valor un dos nosos xogos máis tradicionais, e non por casualidade. Participar neste tipo de xogos populares é unha maneira moi sá de relacionarse coa xente. Nestes xogos poden participar e de feito participan persoas de varias xeracións, pais con fillos, avós con netos, e non se fai segregación de sexos, polo tanto resulta unha maneira formidable de que os nenos aprendan valores positivos e de que os maiores recorden un pouco o que e ser neno. Cando as persoas falan, comunícanse, e cando se comunican os valores culturais pasan de uns a outros, e así é conservamos o noso, a nosa maneira de entender o mundo, en resumo, a nosa cultura.
Foi un éxito absoluto, e froito desa xornada, naceu o que a dia de hoxe é o equipo máis numeroso(con mais de vinte integrantes) da liga denominada Conferencia Rias Baixas , os “Casillendin do Umia”.